Que é GESFARMA?
Xestión Sanitaria de produtos Farmacéuticos, S.L. “GESFARMA”, foi constituída en maio de 2005, representada por dous principais fundadores portadores dunha ampla experiencia no sector farmacéutico. Exerce a súa actividade no ámbito rexional galego.
GESFARMA fórmase co obxectivo principal de ofrecer unha alternativa segura e de calidade na distribución de produtos farmacéuticos en Galicia. Desde os nosos inicios, traballamos para conseguir un grande equipo profesional que facilite unha atención personalizada coa cal cubrir calquera necesidade que lles xurdan ás diferentes oficinas de farmacia en relación coa nosa competencia.
Máis aló da mera venda de produtos de farmacia, ofrecemos garantía de calidade grazas a traballar en exclusiva con algúns dos máis destacados laboratorios.
Realizamos, ademais, un correcto almacenamento e xestión dos diferentes pedidos, de maneira que, baixo o noso nome, sempre teña a confianza de recibir artigos da maior calidade, nos prazos estimados e en correcto estado.
O noso propósito é cubrir calquera necesidade que se lle poida presentar no sector farmacéutico.